Os combinados galegos, fixeron un papel digno dentro dos combinados españois participantes no OPEN DE PORTUGAL, do circuito ITTF, disputado a pasada fin de semana en Vila Nova de Gaia.
As cadetes foron sextas (Belén Sañudo e Laura Fernández) e oitavas (Belén Calvo e Judith Cobas) respectivamente e os junior masculino (Rubén García, Martin Regueiro e Santiago Otero), décimos, nun evento con presencia de paises como Francia, Luxemburgo, Holanda, Inglaterra,...
Os cadetes (Martin Pintos e Pedro Fernández) tiveron chance de facer un mellor torneo, pero finalmente, en partidos longos, cederon a posibilidade de loitar polos postos de honra. Anxo Iglesias formaba noutro equipo con Gonzalo Herranz e Saleta no equipo B junior feminino.
A nivel individual, Rubén García, Martin Regueiro, Martin Pintos, Belén Calvo, Laura Fernández, Belén Sañudo, meteronse nos cadros finais, o resto xogou cadro de consolación, sendo o mellor resultado o de Judith Cobas, que xogou e perdeu a final coa portuguesa Raquel Martins.