A Selección Galega alevín feminina formada por Belén Calvo, Lucía Graña e Judith Cobas 3ª CLASIFICADA,a nivel individual as tres chegaron a 1/4, pero o sorteo deparoulles coincidir en 1/4 coas que ao final foron as tres primeiras clasificadas, Alexandra Pisco e as andaluzas Marta e Yolanda, en partidos disputados e igualados.
A directiva da Federación Galega, congratulase, felicita ás futuras promesas e aos seus clubes animandoos a seguir esta liña de traballo
O combinado formado polo proprio Santi Otero, Miguel Anxo Rodriguez e Pedro Fernández, demostraron o seu nivel, diante de seleccións como Andalucia, Porto, Vila Real, e vencendo por un contundente 3-0 a final diante da selección de Castilla e León que conta con xogadores de nivel como Rafael Saez.
Achegamos unhas fotos da delegación galega participante e da cerimonia de entrega de trofeos.