Xoves, 06 Xullo 2017 22:30

Concentración de tecnificación

En xornada de mañá e tarde se celebrou en Vilalba o día 22 a concentración de tecnificación para os seleccionados e coa participación dos xogadores do Club Vilalba, hai que destacar o bo ambiente e convivencia entre todos os que estiveron coa realización dunha boa parte técnica dirixida polo seleccionador Miguel Rey e coa axuda de Ahmed Morufu Oladele e Pablo López Fraga, ambos do Dez Portas.

Agradecerlle ao Club Vilalba toda a colaboración prestada a cal vai en aumento en todos os eventos que se celebran alí.
Lido 593 veces Modificado por derradeira vez o Domingo, 23 Xullo 2017 12:05