En arquivo adxunto infórmase dos xogadores da selección "A" para o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Veteranos que se celebrará en Ocaña (Toledo) os días 19 e 20 de setembro.
Como hai opción de poder participar con seleccións "B" inclúese un arquivo de "Reservas" co fin de que os que desexen participar o comuniquen ao correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. antes do xoves 13 de agosto ás 14,00 horas.
Terase en conta a orde pola que aparecen e formaranse os equipos cos xogadores xustos para cada un tendo en conta que en 40 e 50 o compoñen 3 xogadores e no resto de categorías 2. En caso de que non haxa suficientes inscritos non se formará este segundo equipo na categoría correspondente.
A todos os participantes se lles informará a partir de agora a través do correo electrónico, para iso todos os interesados en xogar na selección "B" deberán informar do seu número de teléfono e quedará rexistrado para comunicacións o correo electrónico dende o que fan a inscrición a non ser que indiquen outro.
Para calquera dúbida ou consulta pódese comunicar polo correo electrónico indicado ou ao teléfono 639327973 - Francisco Monroy(Curro).